A poucos días de que se cumpriran tres meses exactos de ocupación ilegal das súas instalacións, o Club Náutico de Camariñas fixo entrega dunha subvención de 200,00 euros á Asociación Española Contra o Cancro. Foi no acto de inauguración da XXII Mostra do Encaixe cando o Comodoro Ignacio Martínez Mañas e o Secretario Manuel Ángel García Insua en nome do CNC facían entrega á Pilar Insua, Presidenta da sección camariñana da AECC, do donativo, o cal non deixa de ter o seu mérito considerando o enorme quebranto económico que verse privado das súas instalacións supón para o CNC.  A pesares de sufrir o ataque máis brutal perpetrado en toda a historia contra un club náutico galego, a Directiva continúa a desenvolver na medida das súas posibilidades as funcións encomendadas pola súa maioría social: tomando decisións e levando a cabo novas xestións que redunden no beneficio colectivo da institución náutica decana da Costa da Morte. Tratan deste xeito de facer frente a unha desgracia inimaxinable non hai moito tempo, a de que os principais responsables en Camariñas do partido político que actualmente goberna en cáseque tódolos niveis administrativos en España, apoiándose no seu poder político, puxeran ao CNC como obxectivo das súas pretensións privadas.

Responsables representados especialmente polo Conde Roa camariñán, unha persoaxe arruinada por completo, amigo das noites locas e cunha lista de débedas sen pagar que daría á volta ao mundo, xunto ao autodenominado director do urinario público de internet, os cales se nun principio trataron de autolexitimarse recurrindo a nebulosas teorías conspiratorias acerca do voto delegado e invocaban unha asamblea extraordinaria como remedio de tódolos males, agora pasados xa tres meses, ninguén recorda aquelas épocas tan reivindicativas e, perdido todo sentido do disimulo e da vergonza, limítanse sinxelamente a ocupar pola forza unhas instalacións privadas e aquí paz e despois gloria. Así, a costa de arruinar unha institución cunha solera  e prestixio aquilatados en toda a náutica galega e todo canto elo supoñía en términos económicos e de imaxe para o noso concello, unhas persoaxes siniestras, sen oficio nen beneficio, carentes do máis mínimo escrúpulo moral e sen ningún principio ético ao que agarrarse,  co "sálvese quien pueda" como bandeira, consiguen sobrevivir un par de días máis. Por elo non pode haber mellor imaxe: mentras uns (a Directiva do CNC) colaboran contra o cáncer, outros (os que están a ocupar ilegalmente unha asociación privada utilizando un partido político) constitúen en si mesmos a gangrena que corroe un concello e unha institución náutica.

Engadir un comentario