1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pichurri entrega a Jessica Costas o premio do concurso de noveis deseñadoresPresentábase a edición número XXII da Mostra do Encaixe como posiblemente a máis crucial da súa historia, marcada por unha encrucixada existencial, por unha incertidume impredecible de non moi bos augurios: abandoada polas demáis administracións, cunha serie de enemigos internos (supervivientes sen oficio nen beneficio, okupanáuticos profesionales, cociñeiros de ocasión, xentes en definitiva sen ningún tipo de escrúpulo moral) dispostos a sabotear na medida das súas xa moi menguadas posibilidades o maior certame encaixeiro a nivel mundial. Foi por elo que o éxito a nivel de público, de carácter organizativo e de trascendencia mediática e pública do certame do 2012 constitúe a mellor noticia para o futuro e asenta dunha maneira xa definitiva e sen dependencias externas a Mostra do Encaixe. O paso de máis de 17.300 visitantes foráneos nos cinco días do evento constitúen o mellor proba da anterior aseveración.

Especialmente reseñable segue a ser a importancia que dentro do mundo da moda posúe o Concurso de Noveis Deseñadores: as maiores promesas dentro do universo estilístico galego contemplan a cita camariñana como unha parada obrigatoria dende a que amosar as maiores probas do seu talento e enchen os diversos e multitudinarios desfiles cas mellores produccións extraídas do seu maxín. Desta volta a gañadora foi Jessica Costas Alonso, coa colección “Ídem” que recibiu o primeiro premio do concurso de noveis deseñadores, da que nos facemos eco en Camarinas.eu ca publicación en exclusiva dunha galería fotográfica. Así pois, na edición na que administracións de superior ámbito político, en mans alleas e quen sabe se hostiles cara o certame encaixeiro, se desentenderon totalmente da Mostra; no ano en que por vez primeira en toda a historia (se ben debido aos escándalos sen precedentes, corrupcións repetidas, ilegalidades de todo tipo e ocupacións ilegais dos membros da súa delegación camariñana) o Presidente da Deputación non asistío ao acto de inauguración, neste exercicio decíamos foi cando o maior certame encaixeiro a nivel internacional refulxío en todo o seu esplendor. A partires de agora haberá que acostumarse a camiñar sós. You'll never walk alone.

Engadir un comentario