- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 04 Decembro 2007 04 Decembro 2007
Apoio dos profesores ao conserxe temporal
Jose Manuel preocúpase moito de Adrian, un dos seus protexidos
O Claustro de docentes do colexio de Camariñas remítenos esta nota en apoio ao seu conserxe temporal: José Manuel Tedín, que entrou a traballar no posto do conserje xa xubilado Don José, home do que todos temos bos recordos (Venja, venja!). No interior da noticia podedes ver a nota que nos enviaron os profesores.
"Os mestres do CEIP O Areal de Camariñas queremos mostrar a nosa gratitude ante o bo quefacer do noso actual conserxe, José Manuel Tedín. Aparte de ser unha magnífica persoa, é todo un profesional que, ademais de cumplir ben as súas tarefas laborais, axúdanos moito na nosa labor docente, sendo asimesmo moi querido polos nenos e por todos os que traballamos con él. Por iso, dende aquí mandamos o noso recoñecemento a esta persoa, sendo o noso maior desexo que a súa permanencia no centro sexa longa e fructífera para todos. UN SAÚDO PARA TEDÍN DE PARTE DO CLAUSTRO DO COLEXIO DE CAMARIÑAS."
Comentarios
Revindico traballo pra os rapaces novos.
Cando necesitemos un Payaso pra o colexio chamaremosche a tí (ANONIMO)porque pra mais non vales.ja,ja,ja
O que non entendo e que fai por aqui metido un extrano persoaxe que nen sequera sabe escribir bén, tiven que facer un esforzo por entenderlle algo, decindo unha serie de sandeces e trapalladas contra este rapaz.
A cousa non pasaria de ahi, de non fallerlle caso, se non fora que as cousas que di, algo sobre etiquetas de anis do mono, e sobre que si lle doe a espalda de facer fotocopias...et c, as teño que oir pola calle, e nalgunha que outra cafetería. Evidentemente identifiquei o fulano no momento, e coma min, eu solo estón de paso, calquera que sexa medianamente intelixente.
Recomendolle a este señor que deixe de facer o ridiculo e deixe en paz a persoas que non se meten con el, e recomendolle que visite outras páxinas nas que ainda que faga as parvadas que queira, ninguén o coñece.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.