1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Antón Sobral no uso da palabraA Mostra do Encaixe de Camariñas acolleu durante o día de hoxe o encontro do voluntariado galego, una iniciativa que xurde do acordo asinado entre o concello e a Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), que promove o proxecto Galicia en Color – Rede de reencontros 10 anos despois. Esta campaña nace con motivo do décimo aniversario do afundimento do Prestige para agradecer  a labor da Mera Branca nas tarefas de limpeza do litoral galego. Máis de medio centenar de voluntarios e voluntarias déronse cita en Camariñas para participar dunha xornada que comezaba ao redor das 11:30 da mañá cunha mesa redonda onde estiveron presentes os voceiros de diversos sectores implicados durante a crise ocasionada polo accidente marítimo do petroleiro.

MESA REDONDA


O presidente da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, Juan de Sola abriu o tempo de exposicións, facendo unha autocrítica sobre sa xestión dos Medios de Información   durante catástrofe do Prestige. De Sola quixo   separar as decisións empresariais das responsabilidades profesionais de cada xornalista, asegurando que “malia que o tratamento informativo non foi o correcto, tamén houbo profesionais responsables e comprometidos co movemento social xurdido en 2002”. Neste senso destacou o papel do voluntariado, explicando que “foi un movemento sen precedentes e un exemplo irrepetible.” O sector da pesca estivo representado por luís Rodríguez, presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar – Armega). Quen foi moi critico coa repercusión do naufraxio no sector marítimo e coa situación pesqueira actual.    Rodríguez declarou que “se está a vivir actualmente un Prestige    encuberto, debido a baixa produtividade, e o descenso dos prezos e recursos”. O presidente de Asoar tamén tivo palabras de agradecemento á Marea Branca, asegurando que “a masa solidaria foi quen de facer fronte a unha situación difícil, deixando unha gran aprendizaxe na xente do mar da Costa da Morte.” Na mesa redonda tamén estivo o presidente da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV), Federico de la Fuente quen distinguiu entre o voluntariado da Marea Branca, e o das entidades ás que el representa, definindo este movemento como a Marea Laranxa. Segundo explicou de la Fuente, este sector do voluntariado era o encargado das tarefas de coordinación e dos servizos de “Mans Limpas.”

{phocagallery view=category|categoryid=846|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario