1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Por vez 1ª na historia da Mostra do Encaixe, o Presidente da Deputación non asistío á inauguraciónPor vez primeira nos 22 anos de historia da Mostra do Encaixe non estivo presente no acto de inauguración o Presidente da Deputación Provincial e aquí en Camarinas.eu baraxamos unha serie de causas para explicar tal ausencia, motivos que a grandes rasgos podemos reducir a tres.  Debe aclararse que como punto de partida decidimos descartar como orixe da anomalía a cor política do Presidente da Deputación: xa antes os populares Torres Colomer ou Augusto César Lendoiro nunca faltaron á súa cita puntual con Camariñas. A primeira das causas (que é a que conta con maior aceptación no seno desta redacción) estaría constituida pola negativa do actual Presidente, Diego Calvo, a ter que saír nas fotos ao carón dun okupanáuticos profesional, un asaltador de negocios particulares, alguén que coa súa patética e violenta deriva persoal está arrastrando polo fango o bo nome e a imaxe dunha organización política conformada maiormente por persoas serias e patriotas, entre as que destacaríamos só por poñer un exemplo aqueles concelleiros heroicos que aguantaron firme e estoicamente a lacra do terrorismo nos anos de plomo do País Vasco. A diferencia co que acontece en Camariñas non pode ser máis indicativa.

A segunda explicación habería que buscala no carácter autodestructivo, devastador en toda a súa magnitude, aniquilador de todo canto bo os rodea, dos dous cráneos privilexiados que dirixen a agrupación camariñana, arribistas profesionais, supervivientes arruinados por completo que con tal de sobrevivir un par de xornadas máis lévanse por diante clubs náuticos ou concellos enteiros. Por elo ao abeiro do principio de "canto peor, mellor" ou "mía o de nadie", non debería desbotarse unha sabotaxe intencionada de quen quere convertirse en profesional hostelero pola forza: así, trataría de influir no ánimo presidencial para evitar que este se acercase por Camariñas e desta maneira lograr deslucir o certame encaixeiro de maior relevancia a nivel mundial como forma de ferir ao goberno municipal.

Nembargantes a segunda das causas suporía recoñecer unha importancia desmedida a quen non deixa de ser un pelele, o xoguete roto da política na Costa da Morte, un apestado do que os seus compañeiros de siglas na zona abominan en privado ("malandro" viría a ser un epíteto reiteradamente utilizado polos mesmos), polo que aínda que por un criterio de elemental prudencia non descartamos a segunda das causas, en principio preferimos decantarnos pola terceira que ademáis sería plenamente compatible ca primeira: a da escasa, nula, inexistente, relevancia na Deputación Provincial de quen está ocupando unha praza de persoal de confianza do político de turno, equivalente a dun auxiliar administrativo (penúltimo peldaño da función pública), alguén que nin siquera é capaz de xustificar os pouco máis de mil euros que cobra ao mes (supoñemos que por exercer de cociñeiro náutico) conseguindo traer ao Presidente da Deputación unha tarde perdida dun mércores calquera ao acto máis importante en todo o ano no concello ao que supostamente representa. Esta realidade, a da inexistente importancia no seno do seu partido do político habitual perdedor de todo tipo de elccións, debería levar a reflexionar seriamente aos tres ou catro papanatas que aínda se seguen a acercar polas instalacións okupadas do CNC ao calor da subvención hipotética ou das prebendas prometidas.

En definitiva, non estivo o Presidente da Deputación e en base ás anteriores razóns tampouco o culpamos, pero sí que estiveron Pichurri como alcalde, Sandra Insua como flamante nova concelleira delegada da Mostra, o subdelegado do Goberno Jorge Atán, a presidenta do Centro Galego de Artesanía e Diseño, Elena Fabeiro, o ex Ministro de Xustiza Francisco Caamaño e como representante deputacional, Zaira Rodriguez. A este respecto, fui curioso comprobar como a nova alcaldesa de Cee prácticamente nin se acercou á delegación camariñana do seu partido formada polo okupanáuticos profesional, o autodenominado director do estercoleiro cibernético habitual e o antigamente ex, agora reposto, secretario xeral (en efecto, tres persoas). Aventúrase un novo fracaso para o asaltador de negocios particulares na súa loita frente a Zaira Rodriguez para ser nomeado deputado provincial no 2013, si é que para esa aínda segue a dupla (perdón, queríamos decir tripla) diabólica camariñana formando parte do partido: ¿acaso alguén pensa que éste vai cambiar a toda unha señora alcaldesa, co seu peso político, por quen non ten máis que ofrecer que reiterados fracasos electorais e escándalos persoais e políticos como nunca antes se vío en toda a historia da Costa da Morte? Porque mentras os representantes institucionais daban os seus discursos, facían un percorrido polo recinto feiral e se achegaban ata os diferentes stands, a dupla (máis ben tripla) diabólica camariñana, desubicada, desnortada, desprendendo o típico arrecendo en descomposición do cadáver político, deambulaba sen rumbo  como alma en pena polos arredores. Despois, sin que ninguén se dera moita conta, sin que a ninguén lle importase o máis mínimo, alá marcharon. Un, a dirixir o urinario público de internet, outro a instruir expedientes de expulsión, o terceiro a exercer as súas labouras habituais de cociñeiro nos fogóns do Club Náutico.

{phocagallery view=category|categoryid=845|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario