1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As nosas mulleres cantan hoxe en Carballo na Igrexa da Milagrosa

Hoxe ven sendo para Camariñas un día do máis musical porque ademáis da presentación do disco dos Panchos do Jolfendro no Casino ao cal fomos moi amablemente invitados hai cousa de dúas semanas por un dos seus responsables, este sábado outro grupo musical formado únicamente por mulleres do noso concello realizará unha importante actuación un pouco máis lonxe do que o farán os nosos queridos Panchos. Estamos a falar da actuación do Coro Municipal de Mulleres "Brisas do Mar de Camariñas" que, con motivo da concesión dun ano xubilar á Capela da Milagrosa de Carballo por parte do Papa Benedicto XVI, realizará nesta importante parroquia a eso dos 11 da mañá unha actuación con motivo do centenario da construcción da súa capela. E para alá foron gran parte das nosas mulleres cheas de ilusión e ánimos para deixar o pavillón ben alto diante dos representantes desta parroquia, os cales xa quedaron abraiados pola forza musical deste coro camariñán noutras actuacións e, en parte foi por eso polo que as nosas mulleres foron invitadas especialemente para conmemorar este Ano Xubilar concedido polo Papa (non Papá, non vaia a ser que algún desvergonzado fora de todo raciocinio e que anda agazapado queira entender mal) con motivo do centenario da construcción da Capela da Milagrosa de Carballo. Noraboa ás nosas mulleres!

Engadir un comentario