A Mostra do Encaixe vive os seus días máis inquedantesCorren tempos escuros para a Mostra do Encaixe de Camariñas, días negros que ameazan ao que era o máis grande certame encaixeiro a nivel mundial. Recortada na súa metade a axuda vital de 120.000 que durante máis de 20 anos prestou a Deputación Provincial, se os seus novos mandamases xa non estaban moito pola labor de seguir patrocinando o evento, sen dúbidas, visto o visto no Club Náutico, a influencia maligna que sobre os mesmos exerce parte do seu persoal de confianza así contratado, nada bo se augura para unha Mostra posta de este xeito ao pes de quen opera segundo o principio de "o mía o de nadie", de quen habitúa nas súas loitas sempre infructuosas polo poder a destruir todo canto de bo nos rodea, xa sexan clubs náuticos, xa sexan mostras do encaixe, xa sexa todo un concello. Sinxelamente, nas mans de que sen acabou convertendo nun cáncer para o seu propio pobo. Se este ano as noticias foron malas, que ninguén se engane en que para o futuro serán peores

Con todo, en Camariñas seguen as boas xentes a defender con uñas e dentes a súa Mostra e así un ano máis, producto cen por cen camariñán, os servicios técnicos do Concello idearon un fantástico cartel para a vixesimosegunda edición do máis famoso evento encaixeiro do mundo, unha imaxe fresca e moderna encargada de publicitar a nosa vila polos cinco continentes e que toma como base unha foto tomada no seu día por Diego Alonso Freire. Unha edición ademáis de cambio xa que por vez primeira será Sandra Insua Rial a concelleira delegada da Mostra. Será entre o 4 e o 8 de abril, como sempre en Semana Santa, cando os camariñáns deban poñer cada un algo da súa parte para tentar de manter a flote a súa Mostra no medio dos días escuros que se aveciñan.

Este é o fantástico cartel da Mostra do Encaixe 2012

Engadir un comentario