1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Ibrahima xunto ao 4º Cabo Naval no Porto de CamariñasHoubo unha época en España en que parecía que vivíamos nun país inmesamente rico, no que a gran maioría menospreciábamos e temíamos a todos aqueles que chegaban na búsqueda dun traballo mellor, e onde rápidamente olvidamos a nosa propia historia e as nosas propias orixes. Máis ou menos foi naquel tempo remoto cando arribou á nosa terra un espigado mozo de Senegal chamado Ibrahima Thiam. Recén chegado a un mundo inhóspito e estrano acabou recalando nun pequeno pobo do interior de Galicia chamado Vimianzo, onde traballou nunha empresa de limpeza de montes ata o día que nunha pequena viaxe de lecer por aquelo das casualidades achegouse ata unha vila mariñeira, Camariñas, da cal quedou prendado no instante e decidío que sería o lugar idóneo para vivir e formar unha familia.

Así probou fortuna no mar enrolándose no barco propiedade de Eduardo Campaña Cuarto Cabo Naval, aprendío a falar e escribir perfectamente non só castelán senón tamén galego e en pouco tempo fíxose unha persoa moi querida en Camariñas, boa e afable, á que nunca lle faltaba un sorriso na cara. Un día de xaneiro do ano do Señor de 2012, cumpridos os seus 31 anos, Ibrahima considerou que xa era chegado o momento de cumprir o sono tan longamente anhelado e aproveitando o período de vacacións trasladouse ao seu pobo natal de A. Bassul preto de Dakar, Senegal, para casarse coa que era a súa noiva dende había sete anos, unha beleza africana de 27 anos chamada Fatou Sarr, á que antes da súa partida prometío presentar en sociedade unha vez casados a través das páxinas de camarinas.eu. Como vedes, unha historia que retoma as orixes dunha vila esencialmente emigrante, sobre todo agora que pola crise tantos dos nosos se ven forzados a tentar de gañarse a vida lonxe da súa terra. Xusto como un día fixo un rapaz senegalés, bo e afable, ao que sempre acompañaba un sorriso na cara, chamado Ibrahima Thiam.

Ibrahima Thiam, un camariñán máis

 


Comentarios   

MBCA
+2 # RE: O matrimonio de Ibrahima ThiamMBCA 16/02/2012 13:59
enoraboa Ibrahima!!!un saludo :-)
Responder | Denunciar ante o administrador