Aínda baixo o impacto que para moitos supuxo ver a unha fermosa rapaza camariñana codeándose de ti a ti enriba dun escenario cunha estrela da canción da talla de Rosana, camarinas.eu, coñecedera da aspiración de Karinas Tajes de formar un grupo musical, propúxolle un ambicioso proxecto. Este pasaría pola realización dun book fotográfico no que a través da colaboración de tres xoves negocios da Vila das Palilleiras se resaltase toda a beleza de Karina Tajes. E así Diego Alonso encargouse das fotografías e do seu tratamento posterior; Montse Mosquera (Peluquería Montse, Travesía Muiño do Vento) brindouse para encargarse dos peiteados e Ana Soneira (Centro de Estética Ana, Rúa Casadillo) maquillou soberbiamente a Karina. O resultado: un fantástico e artístico book, con distintas paraxes de Camariñas como inmellorable telón de fondo que esperemos que axuden a esta talentosa e xove promesa da canción a atopar aos compañeiros que a axuden a abrirse paso no implacable e competitivo mundo musical. Condicións para elo, sóbranlle.

Comentarios   

Ícaro
+1 # RE: Karina Tajes: unha estrela pide pasoÍcaro 20/01/2012 21:13
Moita sorte para ela!
Responder | Denunciar ante o administrador