4.578125 1 1 1 1 1 Rating 4.58 (64 Votes)
Cartel Oficial da

Queda convocada a 1ª Cea Oficial Fin de Ano Camarinas.eu

Por fin, o máis grande acontecemento social dos últimos anos, a gran cita oficial que todo o Concello de Camariñas esperaba, o evento culinario ó que ti camariñán non podes faltar, queda oficialmente convocado : a 1ª Cea Oficial Fin de Ano Camarinas.eu.

Despois de duras negociacións, dun duro tira e afloxa, esta redacción está en condicións de ofrecer aos seus lectores as condicións nas que se desenvolverá a citada cea. Así, en primer lugar buscouse, por expreso desexo dos usuarios de camarinas.eu, que a cea tivera lugar en Camariñas, sendo así o restaurante elexido, debido a súa superior capacidade, o Catro Ventos. O importe do menú elexido é de 20 euros. A capacidade máxima do local: 200 persoas. Por iso, nun principio, tan só os primeiros 200 usuarios que aboen  o importe da cea na conta aberta por Diego Alonso Freire en Caixa Galicia  (pulsa en "Ler máis para ver o nº de conta), terán dereito  de asistencia á cea.  Ahora ben, si antes do 10 de decembro esta redacción  vise que o número de persoas apuntadas rebasara en moito os 200  previstos,  trataría de buscar outra opción  de maior aforo que dese cabida ao desexo incontenible dos camariñáns, aínda que eso supoñese ter que desprazarse fóra do pueblo  en autobuses especialemnte fletados para a ocasión e incrementar sobre uns 5 euros o importe total da cea.
 A proba de forza que Camariñas pode dar nun evento desta clase cunha asistencia masiva de cidadáns do noso Concello demostraría a moitos que Camariñas segue viva e que non se deixará asoballar fácilmente. A unión do noso pobo ten que quedar patente, por iso os principais persoeiros do mundo social, económico e político do noso Concello quedan invitados( tras pagar o importe correspondente) a tomar parte na cea.
Todos quedades invitados a participar. Todos debedes participar, agora ben, o tempo dirá se se trata dunha cea de celebración e de alegría ou polo contrario unha cea de despedida. En todo caso ese día hai que estar ali. Viva Camariñas!

Número de Conta para España:

2091 0061 11 3000056994

Número de conta para o extranxeiro:

BIC de Caixa Galicia: CAGLESMMXXX
IBAN: ES22 2091 0061 1130 0005 6994
Nº de CONTA: 2091 0061 11 3000056994

Cando se ingrese o importe da cena, por favor, introduce no concepto do ingreso o nome ou nomes dos que van asistir á cena. Por exemplo:
Concepto: Cena 2007. Diego Alonso Freire e María Ramos Gesto

Ingreso: 40€ (20€ por cada persóa)


 

Comentarios   

Mikel
0 # Mikel 27/11/2007 22:49
Ojalá sexa de alegria e non de despedida,,por Camariñas,,,,,,,,,,,
Pola forza q nos une,,unámonos
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 27/11/2007 23:12
Eso e diego ,todos xuntos e co forsa.Viva camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
0 # O SOCO 28/11/2007 01:00
Creo que o aforo dos 4 ventos vai quedar muy muy muy corto.
Noraboa Diego... Noraboa a todos os Camariñas e Camariñanas.
Responder | Denunciar ante o administrador