Os chavales do insti pasárono pipa nunha excursión moi educativa

O pasado venres 18 de novembro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO, coñeceron o Instituto de Ciencias Forenses "Luis Concheiro", ubicado na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, á fronte do cal se atopa o prestixioso xenetista galego Ángel Carracedo Álvarez. Os rapaces e rapazas recibiron unha charla sobre a importancia da proba de ADN na casuística forense, e sobre o traballo que neste centro se leva a cabo. Ademais, durante a visita guiada polos laboratorios do instituto, achegóuselles ao "día a día" dun equipo de investigación punteiro.

A saída completouse co CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), conseguindo así a interdisciplinariedade da mesma, implicando ao alumnado de Bioloxía e Tecnoloxía. Seguro que, dentro duns anos, os alumnos e alumnas do insti do futuro irán de visita a algún centro experimental de alto nivel que estará dirixido por algún dos alumnos de hoxe. Quen será?

Fonte: http://pedradaaguia.blogspot.com/

Comentarios   

JM
0 # RE: Visita científica do IES Pedra da ÁguiaJM 17/12/2011 20:18
Sejuro que aljunha ha ser.... polo menos sei que lle pon interes.
Responder | Denunciar ante o administrador