1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este mes celebrarase o aniversario de Don Edelmiro Campaña Este vindeiro luns 19 de decembro cumprirase o primeiro cabodano do falecemento de Edelmiro Campaña López, Lin, o que foi durante tantos anos armador, entre outras embarcacións, do Lago Dos. E chegarase a esta data nun momento óptimo para esta emblemática familia camariñana trala recente concesión por parte do Consello de Ministros do Goberno da nación, tras un laborioso procedemento, do indulto ao seu fillo Felipe. Desta maneira, a un ano vista do falecemento dun dos grandes armadores históricos de Camariñas, patriarca dun clan de xente mariñeira, a súa familia únicamente ten a vista posta nun futuro desprovisto de toda a carga ameazante que envenenou as súas vidas durante os últimos anos. Polo tanto é chegado o momento de rendir pola súa parte e acompañados do pobo que nunca lles fallou a homenaxe serena, tranquila, xusta, que Edelmiro Campaña López merece. O lugar, a Igrexa Parroquial de San Xurxo. O día, o luns 19 de decembro de 2011 a partir das 17:00 horas, cabodano do falecemento do que foi un dos grandes armadores históricos de Camariñas.

Comentarios   

estudiante
+3 # RECORDOestudiante 14/12/2011 12:55
Estase a facer un ano que se foi meu pai, como soemos decir en Camariñas, parece que foi onte, pero para min non parece que foi onte, se non que parece que foi mañán. E decir, que aínda non foi, porque tódolos días e a tódalas horas o teño no meu pensamento.

Non podo, nin quero esquéncelo, nin de noite nin de día. Deixou o seu sello grabado no meu cerebro e no meu corazón, é certo, que a vida sigue e hai que tirar pa diante, pero tamén é certo que hai huellas que son imborrables.

Con él foise algo de min, pero non me importa porque sei que está a bo recaudo e algún día volveremos a vernos, porque si é certo que existe outro mundo farei o imposible por atopalo.

Que tantas cousas lle tiña que contar e tantos consellos lle tiña que pedir, aqueles consellos que me daba tódolos días e que nunca se equivocaba.

Que difícil se fai unha vida cando non tes esa persoa que che aconselle e che marque unhas pautas.

En fin, estea donde estea. D.E.P.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.