- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 08 Novembro 2011 08 Novembro 2011
Este sábado 5 de novembro de 2011 celebrábase un acontecemento moi especial porque, ademáis do cumpreanos do noso director en funcións Diego Alonso, estaba prevista a realización dunha macro-festa-jolgorrio ao máis puro estilo porteño na Pizzería A Xunqueira da Ponte do Porto co obxectivo de celebrar unha cena a prol do equipo que leva as cores da vila porteña polos campos da Costa da Morte dende hai máis de catro décadas. Así, a eso das dez da noite, un nutrido grupo de afeccioados, directivos, xogadores e ex-xogadores, entre os cales podíamos atopar ao Alcalde de Camariñas Pichurri, dábanse cita no devandito local para apoiar dita iniciativa e degustar as diversas viandas que por alí se repartiron. Fenomenal a iniciativa da directiva do Porteño que ve agora como despois de largos trámites burocráticos o Concello de Camariñas logrou conseguir que a extinta Deputación de Fernández-Moreda adxudicara os cartos necesarios para a consecución da tan ansiada remodelación do destartalado Campo de Fútbol da Grixa. Realmente a Ponte do Porto necesitaba este campo. E todo elo gracias ás xestións do Concello de Camariñas e do apoio imprescindible da defunta Deputación da Coruña presidida naquel entonces por Salvador Fernández Moreda, un home ao que tanto lle deben o conxunto do Concello de Camariñas.
{phocagallery view=category|categoryid=773|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.