- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 23 Novembro 2007 23 Novembro 2007
Charla sobre o cooperativismo na Casa de Pedra
A degustación estivo moi concurrida e foi todo un éxito
Este venres 23 de novembro celebrouse na Casa de Pedra de Camariñas unha charla sobre cooperativismo organizada polo Servicio de Desenrolo Local dependente do Concello de Camariñas. A este acto deprazouse unha unidade móbil do programa da TVG "A Revista" para facer un pequeno reportaxe que poderedes ver mañá nesta canle autonómica. Para ver unha galería fotográfica do acto e os vídeos realizados por esta web pulsa na foto principal.
Despois da charla estaba programado un ágape preparado pola escola taller "Aldea Madeira" ao que camarinas.eu non podía faltar. Os nosos futuros cociñeiros e camareiros deleitáronnos outra vez (e xa van dúas) con unha selección de pinchos coma nunca se viron en Camariñas. Poidemos provar de todo pero o que máis nos gustou foron eses pinchiños morunos de mozzarela e uva, un espectáculo de sabor. Estase a ver nestes rapaces unha evolución profesional impecable froito, sen dúbida, do bo facer dos profesores e da dispoñibilidade para aprender destes mozos e mozas camariñáns. O dito, noraboa polo traballo que estades a facer en "Aldea Madeira"
Galería fotográfica do acto
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.