1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Chegaba o cantautor Xoán Curiel á Casa de Pedra despois de realizar xunto ao camariñán Álvaro Trillo unhas xornadas educativas cos chavales do IES Pedra da Águia e chegaba acompañado dunha banda de músicos espectacular na que destaca o noso querido amigo Álvaro Trillo á batería. E foi este pasado sábado 8 de outubro cando saudando a Álvaro éste lle recordaba a un redactor que escribe: "¿acórdaste? Este foi o noso primeiro local de ensaio xuntos". E era verdade aínda que xa non lembrábamos esto, pero ahí estaba Álvaro para recordárnolo como si dunha calculadora humana se tratara. A evolución musical que este gran músico camariñán experimentou dende aqueles tempos onde tantos afeccioados á música o comezamos a admirar foi meteórica. Tanto daba o estilo musical onde Álvaro se involucrara. A súa peculiar forma de entender o ritmo musical vai máis alá do que a moitos nos gustaría imaxinar e a súa visión do grupo como un todo é espectacular. Así, despois de todos os grupos nos que Álvaro colaborou chegoulle a hora de conectar cun grande da música como o grupo do comprometido cantautor Xoán Curiel no cal desvorda a calidade e a imaxinación de tódolos seus compoñentes. Deixámosvos cunha prova delo no concerto que este grupo bordou na Casa de Pedra este sábado 8 de outubro. Para camarinas.eu foi todo un placer e unha alegría inmensa volver a escuitar ao noso amigo e compañeiro Álvaro Trillo na súa batería. Noraboa Álvaro.

Engadir un comentario