1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O paso do grupo do cantautor Xoán Curiel por Camariñas onde milita o noso querido amigo Álvaro Trillo como batería e percusionista principal non só foi para demostrar a súa calidade musical no concerto celebrado na Casa de Pedra este sábado pasado se non que houbo algo máis. Os días anteriores a dito concerto, do cal tamén publicaremos un amplo reportaxe, os compoñentes do grupo estiveron cos rapaces do IES Pedra da Águia para realizar un taller sobre cómo facer música cos corpos dun grupo de xente perfectamente sincronizada  e a verdade é que todos quedaron contentísimos coa experiencia como ben podedes ler no espectacular blog do IES Pedra da Águia.

Para min foi unha mágoa que só cheguei a tempo de compartir o taller de ritmo cos de 4ºB, pero paseino de medo... Xoán e Álvaro enrróllanse moi ben e teñen, realmente, moito ritmo. Conseguiron en 50 minutos escasos que acabaramos practicamente facendo música cos nosos corpos, cunha axudiña da guitarra de Xoán.

A sorpresa máis grande foi pola tarde, na Casa de Pedra, onde, a pesar de que o local non ten a acústica adecuada, descubrimos un feixe de músicos estupendos, excelentes instrumentistas (Camariñas, terra de músicos), que fan unha música propia, lonxe dos éxitos 'prefabricados' de moitas discográficas internacionais e que mestura con acerto tendencias moi variadas. Quen dixo que a xente nova só sabía facer botellón e xogar coa Wii?

Fonte: http://pedradaaguia.blogspot.com/

Engadir un comentario