1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Foto de familia de autoridades e organizadores da Feira SolidariaEste pasado luns 15 de agosto a eso das 9 da noite clausurábase a segunda edición da Feira Solidaria de Camariñas (antes Mercado Solidario) e fíxoo outra vez con un considerable éxito de público e ventas. A pesar de que algúns dos comerciantes que participaron nesta edición se queixaban das escasas ventas o caso é que case tódolos días houbo moi boa afluencia de público. Case todos, por que o domingo por mor do mal tempo, foi un día máis ben vago para que os numerosos turistas que pululan estes mes por Camariñas se animaran a acercarse polo paseo marítimo onte estaba ubicada a carpa da Feira Solidaria. Así e todo os que nos pudemos acercar a esta feira organizada perfectamente pola Asociación de Empresarios de Camariñas que dirixe nosa querida amiga Olga Campos pudemos comprobar o animado do ambiente que había baixo a carpa instalada no Curbeiro.

Entre as curiosidades que aconteceron nesta edición 2011 ademáis dun lamentable malentendido sobre o garda de seguridade que se encargaría de velar nocturnamente polas pertenzas dos comerciantes, podemos destacar a visita oficial a esta feira realizada polo Ministro de Xustiza Francisco Caamaño que, invitado polo Alcalde de Camariñas Pichurri, percorreu e saudou a todos os organizadores do evento así como os diferentes comerciantes que participaban na mesma. Un ministro que viña a Camariñas ademáis a facer un encontro cos dirixentes socialistas. En fin, unha edición que deixa bo sabor de boca aos organizadores e tamén aos participantes da 2ª Feira Solidaria ainda que, como todos os que nos adicamos a esto sabemos, nunca chove a gusto de todos. Noraboa aos organizadores.

{phocagallery view=category|categoryid=726|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario