Este sábado celebrouse en Camelle o 1º Encontro de Man ao que asistiron persoeiros do mundo da cultura coma o escritor Suso de Toro, que ven de publicar un novo libro sobre o presidente do Goberno (Madera de Zapatero), que estivo profundamente interesado na iniciativa de camarinas.eu; Antón Sobral un dos impulsores e artífices da iniciativa, que lucía un pintoresco sombreiriño (ao estilo de Beiras); Xoán Abeleira, o cal pese a xa ter a súa idade lucía unha chiviña moi xuvenil; o director do filme documental sobre Man Bernardo Cerquera, gran coñecedor de todo o que teña que ver con Man; o suposto actor Miguel de Lira, bastante sobreactuado en todo momento e que ninguén sabía moi ben que pintaba alí; procedente de Baio, Jorge Mira, Director do Departamento de Física Aplicada da USC, máis coñecido como colaborador do famoso programa de sobremesa da TVG no que tamén está presente Yolanda Castaño, e un longo etcétera de intelectuales que participaron nas diferentes charlas que tiñan como eixo fundamental o análise da vida e obra de Man.

Ao mesmo tempo que dentro tiñan lugar as charlas, un grupo de veciños de Camelle manifestábase polas rúas do porto pesqueiro contra a implantación dunha piscifactoría na zona de Xandriña,. xusto enfrente da fachada marítima camellana que tanto encanta a algún político camariñán, ao entenderen que iso pode supoñer un golpe mortal á beleza natural de Camelle. O alcalde baixou un momento a falar cos manifestantes producíndose un duro intercambio de pareceres. Despois a manifestación disolveuse pacíficamente e tiñan previsto retomar as súas actividades pola tarde.

Un grupo de veciños de camelle manifestouse
Un grupo de veciños de Camelle manifestouse contra o Plan Acuícola da Xunta de Galicia

 

Engadir un comentario