- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Agosto 2011 07 Agosto 2011
Despois de publicar ducias, tal vez centos, de vodas, bautizos e comunións de todo tipo, ¿quen nos ía decir finalmente que un dos creadores da web que marcou un antes e un despois no universo cibernético da Costa da Morte ía ser o protagonista dun evento deste tipo? E por partida dobre, ademáis. Porque o histórico sábado 30 de xullo de 2011 a partires das 18:30 horas na Igrexa Parroquial de Xaviña e en consecutiva sesión continua o director de camarinas.eu Diego Alonso Freire contraía sagrado matrimonio e bautizaba ao seu precioso cativo Tiago Alonso Carril. Todo elo gracias á xaviñana que logrou imprimirlle un xiro copernicano á vida do noso querido director, unha María José que vestía un espectacular traxe branco e lucía fermosa como nunca e ante preto de cento cincuenta invitados provintes das catro parroquias do Concello de Camariñas.
Eran pouco máis das seis da tarde cando empezaban a achegarse paseniñamente á explanada da igrexa xaviñana os invitados. Un dos primeiros en chegar era o pai do noivo que inauguraba unha rutilante representación política presente na voda. Ata tres alcaldes se puideron ver no enlace, ademáis do mandamáis camariñán, tamén estivo presente o seu antecesor Bautista Santos Ramos e o de Muxía Félix Porto, xunto á deputada autonómica Marisol Soneira e a secretaria dos socialistas de Camariñas Encarna Liñeiro. Especialmente elegantes, ademáis obviamente dos noivos, comareceron os padriños e xa máis desperdigados, como si cada un fora ao seu aire, se presentou a cuadrilla dos amigos do noivo: unha patrulla de auténticas viejas glorias que o destino despedigou polos catro rincóns do mundo á boa de Deus e que respetando ese inescrutable designio divino, vestíase en consonancia, que si aquel de impecable traxe italiano, que si o outro máis sport, varios sin corbata, etc... pero todos sin excepción (ou casi) máis fondóns, máis decrépitos, que dez, quince anos atráis, cando deron días de gloria difícilmente repetibles á hostelería nacional.
Pero algo daquelas xestas pasadas voltou a vislumbrarse cando a altas horas da noite, unha vez pasado un ágape onde percebes, cigalas, lumbrigantes, vieiras, rapes e entrecots sucedéronse sin solución de continuidade e no cal os mellores viños regaron sedentas gorxas, empezaron a cimbrearse no ambiente os primeiros compases da discoteca móbil especialmente chegada de Sanxenxo e o fluxo da barra libre inundou as almas. Entre bailes, cubatas e os sombreiros carnavaleiros incluso houbo tempo para un tarta de cumpreanos que homexeaba o trixésimo e pico aniversario dun rapaz provinte da inmellorada fornada do 1975.
Tempo haberá para tentar de recopilar as distintas imaxes que ilustren o día máis grande de Tiago, María José e Diego. Polo de pronto un aperitivo cas primeiras imaxes suministradas polos fotógrafos do evento. O vento que, por un día, situou a Diego e a María José ao outro lado das cámaras. O día primeiro, único, no que foron os auténticos protagonistas dun voda. ¡¡Que vivan los novios!!
{phocagallery view=category|categoryid=699|limitstart=0|limitcount=0|detail=8}
Comentarios
FELICIDADES, pues.
Antonio Puertas
Pd: que grande que esta Tiago! un bomboncito!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.