1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Coro Municipal de Camariñas estreou unha fermosa vestimenta financiada pola Deputación da Coruña

Foi exactamente o 28 de maio deste ano 2010 cando as mulleres de todo o noso concello que compoñen o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas estrenaban as súas novas blusas que lucirán en tódolas súas actuacións as cales foron financiadas pola Deputación da Coruña. E foi en Muxía, a vila máis costeira que forma parte indivisible da Ría de Camariñas onde realizaron a súa primeira actuación lucindo as súas novas vestimentas. Unha actuación que deslumbrou aos nosos veciños sureños non só polo colorido das súas orixinais roupas se non polo espectacular repertorio que fixo explotar de aplausos e bises o local muxián onde actuaban. E é que este Coro Municipal está colleitando uns éxitos sen precedentes en Camariñas dos cales gran parte destes son fruto do gran traballo que está a realizar a profesora que dirixe os chorros vocales das nosas. Un coro que tamén levantou grandes aplausos noutro encontro coral celebrado en San Pedro de Nós este pasado 12 de xuño e no cal as nosas deixaron o nome de Camariñas ben alto. Como debe ser.

Sen dúbida estamos a falar dunha das grandes e máis acertadas iniciativas da sección Servizos Sociais do Concello de Camariñas na lexislatura pasada e da que temos que estar todos tremendamente orgullosos. Nestas novas andainas sonoras das nosas espectaculares e musicales "chicas de oro" farase eco constantemente camarinas.eu e non descartamos que un día destes vos amosemos unha grabación na que amosaremos a todo o mundo as espectaculares voces do Coro Municipal do Concello de Camariñas. Noraboa e a seguir así!

Comentarios   

rula
0 # RE: Coro Municipal de Camariñasrula 18/06/2011 09:22
Enhorabuena a las CHICAS DEL CORO!
Responder | Denunciar ante o administrador