- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 29 Abril 2011 29 Abril 2011
O pasado sábado 16 de abril de 2011, a Asociación Abondou celebrou a asamblea xeral anual de socios, e acordouse realizar unha campaña pa a captación de socios, ( dado que o mantemento das actividades actuaís, ademais de algún poxecto novedoso, supoñen un elevado custo para a entidade), incluindo socios protectores para todo aquel que estivese interesado. O teléfono de contacto para calqueira dúbida ou aclaración é o seguinte: 981-736424
¿QUE É ABONDOU?
A asociación para a loita contra as drogodependencias “ABONDOU” somos unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito municipal, que se constituíu en Camariñas en marzo de 1994.A finalidade que perseguimos é a de defender e protexer ó individuo e á colectividade ante o consumo, promoción e utilización das drogas tóxicas, estupefacientes e análogos; e traballar na prevención do consumo destas. A xente que nos preocupa son os consumidores, as súas familias e en definitiva a poboación xeral que dunha ou doutra maneira está a sufrir o problema das drogodependencias.
PREVISIÓN DE ACTIVIDADES PARA O ANO 2011
No ano 2011, a asociación ABONDOU pretende continuar coas mesmas actividades do ano anterior, entre as que destacan: prestacións para desprazamentos ás unidades asistenciais de drogodependencias a UAD de Carballo; programa “ABONDOU: prevención de drogas en secundaria” no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto; e co programa “ABONDOU: prevención de drogas nos colexios de primaria do concello de Camariñas”
Así mesmo, continuaremos realizando o programa de Tempo libre: “Educación para a saúde e prevencion das drogodependencias no tempo libre”, xa que proporciona a mocidade unha alternativa ás situacións de risco para iniciarse no consumo de estupefacientes e malos hábitos, o mesmo tempo que favorecemos o coñecemento e participación destes na súa cultura e no seu Contorno; por outro lado, darlle-las alternativas axeitadas para o disfrute do seu tempo de lecer.
Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.