1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Posado cas míticas bandas da Mostra do EncaixeEste ano xa non puideron esperar máis e decidíose anticipar a sempre entrañabñe Cea dos Voluntarios da Mostra do Encaixe á noite do sábado. Esta tivo lugar no Restaurante Catro Ventos e asistiron á mesma máis de 100 comensais provintes dese pequeno universo colectivo chamado recinto feiral. De entre esa multitude, destacou como sempre o continxente dos voluntarios que fan posible co seu esforzo desinteresado que ano tras ano Camariñas conte co principal certame encaixeiro do panorama internacional, voluntarios que determinaron dende hai xa unhas cantas edicións que a cea teña a súas propias leis unha das cales é o impoñemento das correspondentes bandas. E así, nun ambiente de compañerismo, bo humor e risas tivo lugar un ano máis a Cea dos Voluntarios da Mostra do Encaixe. Máis arriba esperaba a Festa de San Xurxo.

 {phocagallery view=category|categoryid=627|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario