1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha sala completamente abarrotada contempla un dos desfiles de modelosNin as condicións climáticas máis extremas, cunha chuvia pertinaz e constante durante máis de 30 horas, cunha néboa densa que cubría as paraxes naturais que debería percorrer o autobús das visitas turísticas, cos partes metereolóxicos máis atroces unha e outra vez repetidos polas diferentes televisións, nin todo eso foi quen de evitar que a XXI Mostra do Encaixe fora un novo éxito de público. Avalanchas de visitantes inundando os corredores dese pequeno universo colectivo chamado recinto feiral, pases de modelos completamente abarrotados no que nin unha soa silla quedaba baleira, visitas de máis ou menos renome, acordos con vilas irmáns, establecementos hosteleiros repletos, serán algunhas das imaxes que deixe a celebración da vixésimo primeira edición do máis importante certame mundial no ámbito do encaixe de bolillos.

Así, este venres tarde, mentras caldeiros sucesivos de auga rociaban as rúas de Camariñas, dentro do recinto feiral a Mostra seguía o seu camiño e ofrecíase como o perfecto cobixo onde pasar convenientemente resguardados unha tarde desapacible. Tal foi o que fixo o coñecido físico, investigador e colaborador do programa "Cifras e Letras" da TVG, Jorge Mira, que se achegou pola Mostra e tivo tempo de inquirir polo pasado peche patronal de Camarinas.eu e, claro, houbo que explicarlle os intentos de sabotaxe, as mentiras, o salvaxe intento de agresión... Despois, tivo tempo de firmar no Libro de Honra da Mostra, ao igual que un dos actores do programa de televisión "El Hormiguero". En definitiva, no que constitúe a mellor nova posible para todo un concello de máis de 6.200 almas, a Mostra do Encaixe mantense forte e un ano máis avalanchas de público inundan o seu recinto e os diferentes establecementos hosteleiros da vila.

{phocagallery view=category|categoryid=619|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario