1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Triple Alianza entre Camariñas, Peniche e Novodrate quedou selada con esta fotoCa banda sonora de fondo porporcionada pola Banda de Gaitas Maruxía, de Laxe, no día no que a XXI Mostra do Encaixe chegaba ao seu ecuador quedou selado cunha firma e unhas cantas fotos o acordo da Triple Alianza entre as Repúblicas de Camariñas, Novodrate (Italia) e Peniche (Portugal). O servizo diplomático do Concello de Camariñas continúa colleitando éxitos na súa política de estreitar alianzas internacionais cas principais potencias encaixeiras do mundo nunha serie de acordos que farán temblar ao planeta. Representados por un experta encaixeira cunha bagaxe de máis de 20 participacións na Mostra do Encaixe (Novodrate) e polo seu Alcalde (Peniche), Pichurri firmaba na mañán deste venres 22 de abril de 2011 os dous novos irmanamentos de Camariñas con repúblicas irmáns, acordos a sumar ao irmanamento xa realizado con Ingenio (Tenerife). Para o futuro esperemos que se poida vislumbrar unha alianza semellante cos nosos amigos da Commune de Offida (Italia), un novo aliado que sumar á política expansionista do Concello de Camariñas.

{phocagallery view=category|categoryid=618|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario