1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nebry, Katy e Belén: unha nova xeración no encaixe camariñánRebasada con creces a súa maioría de idade o certame encaixeiro máis importante a nivel mundial segue a cubrir exitosamente novas etapas. Este mércores 20 de abril de 2011, ás 17:00 horas, inaugurábase oficialmente a XXI edición da Mostra do Encaixe, a cuarta que cubre camarinas.eu renovando o seu compromiso perenne cunha das principais ventanas que o Concello de Camariñas ten abertas ao mundo. E tal que en edicións anteriores todo un pobo vólcase no mesmo: estando presentes a través dos stands nos que vender a máis fermosa artesanía do planeta, incorporándose ás filas de novas lexións de voluntarios, a través do traballo impecable, calado pero continuo, dos operarios municipais, cos establecementos da vila, preparados e engalanados para dar ao visitante o mellor servizo posible...

Inaugurábase, decíamos, ás 17:00 horas e como foi habitual ao longo de prácticamente todos estes anos, alí estivo unha das pesoas que máis se volcaron dende sempre para facer posible este gran sono camariñán: Salvador Fernández Moreda, o Presidente da Deputación da Coruña. A pe, humilde, percorrendo as rúas da nosa vila chegaba ás portas mesma do recinto e era recibido polo alcalde camariñán Pichurri. Como presencia máis ou menos notoria da Xunta acudía ao evento a directora xeral de comercio. Tiveron lugar os discursos, onde como idea novedosa Pichurri esbozou a posibilidade da creación dun consorcio que agrupando a diferentes administracións e superando localismos poda dar o impulso definitivo ao encaixe deste remoto recuncho atlántico. E despois de finalizadas as verbas inauguratorias da 21ª edición do certame encaixeiro máis importante a nivel mundial, todos os presentes fóronse a ver un desfile de modelos, beleza sobre beleza...

{phocagallery view=category|categoryid=615|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=3}

 

Comentarios   

kinos
0 # RE: XXI Mostra do Encaixekinos 21/04/2011 11:37
polo q poiden escoitar non hubo gran afluencia de xente,esperemos q nos proximos dias se poida atrae mais xente pero se non se traballa pa facer un bo marketin e publicidade non se pode esperar grandes frutos o cal deverianos saber exprimir mellor,na miña opinion.saudos e boa pascua
Responder | Denunciar ante o administrador