Un ano máis os asistentes déronse un banquete cos manjares exquisitos da Laconada do ArnelaDecíamos que o sábado 5 de marzo de 2011 quedará para os anales como unha das datas sociais máis prolíficas da historia recente de Camariñas. Hubo asistentes que as 14:00 estaban como clavos presentes na comida homenaxe a Carlos Ferreiro e logo ás 22:00 repetían como cans afameados na Laconada do Arnela, chegando incluso a tripitir ao día seguinte con novo e suculento cocido familiar. Houbo tamén despistados redactores que na casa degustaban pola tarde cocido e pola noite volvían a encarar o mesmo menú no Puerto Arnela. Con estos calendarios só gracias a unha bioloxía molecular propia e sin parangón posible se explica que algún  poda seguir mantendo a estas edades crepusculares da xuventude perdida un tipo de moi bo ver e o clásico e omnipresente bucho masculino (e femenino) camariñán non estragase as xa de por si escasas últimas oportunidades amatorias do anteriormente mencionado redactor.

Polo demáis, este ano a Laconada do Puerto Arnela caracterizouse frente a outras edicións por estar menos concurrida, pero eso si segundo comentaba algún dos presentes eso non era problema "porque os que están son de calidade". Polo tanto si a edición do ano 2010 foi a da cantidade (arredor de 40 comensais) este ano a veintena de fieis ao restaurante emblemático do Barrio do Campo engadiron unha nota cualitativa ausente ao decir dos presentes noutra edicións. E como sempre a laconada en si caracterizouse pola calidade dos productos e pola abundancia dos mesmos, e polo grato da compañía e así transcurrío a noite: entre chistes ben contados polo noso xefe de deportes Juanillo e polas desternillantes historias do Rocco, El Maestro del Bon Vivir, que levantaron as xerais carcaxadas da concurrencia. ¡¡Ay, querido electorado, que ben se vive en camarinas.eu!!

{phocagallery view=category|categoryid=575|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario