- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 09 Marzo 2011 09 Marzo 2011
Fin de semana mui intenso este último no ámbito social en Camariñas no que ceas, comidas e contracomidas sucedéronse cunha proliferación pasmosa. Nembargantes se hai que sinalar unha cita que quedará para a pequena historia da nosa vila esta fui a impresionante comida homenaxe a Carlos Ferreiro que dende as 14:00 horas en adiante tivo lugar no Restaurante Catro Ventos. Ata 160 veciños vidos de tódolos currunchos do concello déronse cita no emblemático ristorante camariñán para homenaxear a quen durante máis de 25 anos exercío cunha profesionalidade e devoción impecables a práctica médica nesta apartada vila atlántica e que agora encara un novo destino na Coruña deixando un recordo imborrable entre os que foron durante máis dun cuarto de século os seus agradecidos pacientes.
Organizado por Luis do Snack e Vicente Carril, a comida homenaxe tivo un menú composto por entrantes variados, merluza ou carne asada, postres e os clásicos, insustituibles e non moi recomendables (sanitariamente falando) chupitos. Especialmente emocionantes foron os discursos pronunciados por Vicente Carril en nome do pobo de Camariñas e polo propio Carlos Ferreiro, que non puido evitar recordar a que fora a súa primeira noite en Camariñas no extinto hostal La Marina e como no medio da noite ergueuse co susto no corpo para poñerse de inmediato en alerta médica ao escuitar o que pensaba que eran as sireas dunha ambulancia e que non deixaba de ser o pitido clásico da Lonja de Camariñas, susto repetido nas primeiras horas da mañán ao voltar a escuitar ca alma nun puño o que tampouco deixaba de ser o non menos clásico ton-tan-tun callejero do tristemente desaparecido Chuchita. En fin, vaise unha parte importante, inesquencible, da vida profesional e persoal do médico Carlos Ferreiro, pero vaise da mellor forma posible: ca homeaxe emocionada, multitudinaria, dun pobo agradecido.
{phocagallery view=category|categoryid=556|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Estos 25 últimos años, yo, tan sólo fui un “ visitante “ esporádico de mi pueblo ( veranos y poco más…), y, pese a llevarlo siempre tan dentro de mí, siento pena no poder participar con toda mi gente en eventos como éste.
El tiempo pasa implacable y aún me parece que estoy viviendo en mi pasado.
¡ QUE TENGA SUERTE, DON CARLOS, Y GRACIAS !,( aunque para mí, no hubiesen sido sus servicios)
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.