1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O que suele acontecer en España, Madre Patria, tal día como os 23 de febreiro non parece que vaia saberse moi ben nunca, nembargantes o que aconteceu en Buenos Aires un 23F de 1961 sempre estivo moi claro e quedou escrito en letras de ouro na vida dos seus protagonistas.  Porque un 23 de febreiro de 1961,  na gran capital do Río da Plata, José Tajes e Edelmira Castro contarían sagrado matrimonio. José naceu en Xaviña e ten actualmente 71 ben levados anos. Con 15 xa marchou para a Arxentina coñecendo alí á que iba a ser a muller da súa vida: Edelmira Castro, outra galega da diáspora, procedente de Ourense que, coma José, moi nova migrou para Arxentina nesa oleada de principios e mediados de século XX que valeirou Galicia dos seus xóvenes. Da súa unión naceron un fillo e unha filla e este mércores cumprían 50 anos de feliz matrimonio.

Despois de toda unha vida de duro traballo, de emigración no cono sur americano, decidiron celebrar por todo oa alto unha data que quedará enmarcada en letras douradas nas súas vidas, xuntando este pasado domingo á familia máis próxima e índose a celebralo cunha suculenta comida no Restaurante Catro Ventos. Un evento así non acontece tódolos días e Edelmira e José decidiron facer partícipes da súa felicidade a todos os lectores da web máis visitada da historia da Costa da Morte e así chamaron ao director de camarinas.eu a tomar as fotografías que inmortalizaran ante a posteridade as vodas de ouro desta parexa de xoves namorados. Ademáis, desta forma, amigos e coñecidos da Arxentina poderán estar ao tanto dun evento que, lamentablemente, cada vez aconetece menos: unha parella que comparte en común prácticamente toda unha vida.

 

 

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: Vodas de Ouro en CamariñasBeldoña 25/02/2011 11:11
FELICIDADES, PAREXA, E...A POLAS VODAS DE PLATINO.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+2 # FelicidadesE logo ti de quen es 26/02/2011 15:27
Moitas Felicidades. Pertenecen ustedes a la generación heroica una generación que merece toda nuestra admiración y reconocimiento. Disfruten al máximo de la felicidad tan merecida de hoy, en compañía de los suyos. Quizás ustedes conocieran en Buenos Aires o bien en Camariñas a mis tíos Bertito (Tufions) y Puchis (Ponte), o incluso a mi abuelo Servando, por eso aunque no les conozco personalmente, me he atrevido a felicitarles en este día tan especial.
Tino Rogero Figueiras
Responder | Denunciar ante o administrador