1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Camarinas.eu publica en rigurosa exclusiva un extracto do vídeo oficial da XX Mostra do EncaixeEste venres 18 de febreiro facíase público o cartel que publicitará ao longo do globo terráqueo a vixésimo primeira edición da Mostra do Encaixe e inciábase desta maneira a conta atrás para a realización do certame encaixeiro máis importante a nivel mundial. Comenza a partir de agora un duro traballo colectivo para conseguir acadar entre todos un novo éxito organizativo, de público, de ventas entre os profesionais do sector de artesanía máis camariñana. Camarinas.eu como web máis representativa do Concello de Camariñas e líder intratable e histórico do xornalismo na Costa da Morte procede, para poñer o seu grao da area na medida do posible a ese importante esforzo colectivo ao que antes aludíamos, a publicar un amplio resume do vídeo oficial da XX Mostra do Encaixe, no que constitúe sen dúbidas o mellor repaso a unha edición na que o certame camariñán cumpría 20 anos e no que de novo importantes continxentes de visitantes deixáronse caer polas rúas do noso concello acudindo á chamada anual dun arte tan antigo como inmortal.

 

Engadir un comentario