- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 18 Febreiro 2011 18 Febreiro 2011
Entre o 20 e o 24 de abril de 2011 terá lugar a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas e como é tradición, para ir xa quentando motores, acude un ano máis á súa cita cos lectores de camarinas.eu o Cartel da Mostra do Encaixe, o cal por segundo ano consecutivo faino en calidade de producto integramente camariñán. Nestes tempos de crise aguda, a dirección da Mostra de Encaixe recurrío novamente aos servizos internos do Concello para elaborar o cartel que promocionará o certame de encaixe de bolillos máis importante existente actualmente a nivel mundial. E os técnicos municipais tiveron que traballar arreo xa que foron elaborados ata catro modelos distintos de cartel dos que tras ser ensinados ás asociacións de palilleiras da vila, resultou elexida a opción que hoxe publicamos. Xa veñen cargados os días co arrecendo típico doutra Mostra do Encaixe.