1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Diana do Pincho cumprío 28 espléndidos anos rodeada do cariño das súas fillas

Este xoves 27 de xaneiro cumprío anos unha persoa moi querida na redacción de camarinas.eu, unha persoa que durante estes dous derradeiros exercicios confiou en camarinas.eu mediante un patrocinio continuado nunhas épocas nas que poucos empresarios tiveron o coraxe de facelo, que surtío periodicamente de noticias a portada da web máis vista da Costa da Morte e que incluso emprendío a ruta esquencida das xuntanzas cabalares en forma de peña equina no local de moda da Ponte do Porto.

Estamos a falar de Diana do Pincho, unha lectora fiel e asidua da nosa páxina dende o seu fogar no Allo, que compaxina o seu oficio de peluquera con traballos ocasionais na Raxería-Pulpería O Pincho e que durante estes últimos tempos ve como unha das súas preciosas fillas, Gisela, vaise convertindo nunha experta amazona que surca os diferentes camiños da Costa da Morte, uns camiños que recentemente tiveron como porto de destino nada máis e nada menos que Quintáns. Foi un día de celebracións este pasado xoves 27 de xaneiro en camarinas.eu, celebracións ás que queremos sumar a felicitación que lle enviamos agarimosamente a unha das persoas que confiou na nosa web cando poucos o fixeron. Por todo elo, ¡¡Diana, Feliz Cumpreanos e que cumpras moitos máis rodeada desas dúas pequenas xoias!!

Comentarios   

diegoalfr
0 # Diana do Pinchodiegoalfr 29/01/2011 08:04
Felicidades Diana que cumpras moitos máis ao lado desas dúas preciosidades que son túas fillas. Un saludo !!


Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Cumpreanos.eu: Diana do PinchoBeldoña 30/01/2011 14:55
Bueno, inda que non teño o gusto de coñeceros, FELICIDADES, DIANA. Eres moi guapa e unha excelente amazona.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.