1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Katia e Alberto posan con Adrián no día do seu bautizo

Nun data tan especial como o 6 de xaneiro de 2011 os Reis Magos de Oriente truxéronlle como regalo ao pequeno Adrián o agasallo do seu bautizo. Este tivo lugar no templo parroquial de Xaviña, foi oficiado ca sabiduría eclesiástica característica de Don Mario e aderezado cunha simpática representación levada a cabo polos rapaces xaviñáns interpretando aos Reis Magos e aos paxes que acompañaban aos monarcas orientais. Especialmente ilusionado e sorprendido ante a algarabía que tiña lugar no ateigado templo románico estaba o risueño protagonista desta noticia, Adrián, así como os seus elegantes pais, a xaviñana Katia, que ven de deixar momentáneamente o seu traballo de axente de seguros para cuidar do seu pequeno, e o burián Alberto, ao cal podemos ver a cotío repartindo polo concello os sabrosos productos da coñecida Panadería De León, así como marcando goles nas tardes domingueras no Pabellón de O Areal como xogador do equipo da Liga de Veteranos patrocinado pola mencionada panadería

Igual de elegantes que os proxenitores estaban todos os familiares e invitados, entre os que por aquelo do apelido De León podíamos atopar dende a nosa admirada Carmucha, a primeira muller en poseer o carnet do partido socialista no Concello de Camariñas, ata o mesmísimo alcalde camariñán Pichurri. Posteriormente todos eles puideron desfrutar dunha comida entrañable entre amigos e familiares para festexar o que foi o primeiro dos regalos de Reis na vida do principal protagonista desta pequena historia: Adrián.

{phocagallery view=category|categoryid=510|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

 

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Bautizo de Adrián en XaviñaBeldoña 30/01/2011 14:58
FELICIDADES, ADRIAN. Co teu bautizo, pasas a formar parte da gran ´famila católica, e,por tanto, que sexas benvido.
Estades todos moi guapos.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.