- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 13 Xaneiro 2011 13 Xaneiro 2011
Este xoves 13 de xaneiro de 2011 un pequeno grupo de rapazas camariñanas cruzaron o umbral da redacción de camarinas.eu cunha petición mui especial: a de felicitar o trixésimo cumpreanos da súa gran amiga Mari Carmen Diéguez Pensado. Filla dun vello coñecido desta redacción, o empresario Albito Diéguez Sr., Mari Carmen chega aos trinta anos nun momento espléndido da súa vida, rodeada do amor e cariño das persoas ás que de verdade lle importa, ao cargo da tenda do Cadena Cien da Ponte do Porto (esa mesma que hai dous anos por estas mesmas datas gañaba con toda xustiza o concurso de escaparates de Nadal organizado pola Asociación de Empresarios), tras formar parte da Comisión Organizadora das mellores Festas do Carme de Camariñas que se recordan en décadas e vendo día a día como a súa pequena filla de nove anos Arieta vaise facendo toda unha muller.
Por todo o anterior, e sobre todo porque tal e como deixaron claro as súas amigas a cualidade de Mari Carmen que destaca por encima das demáis é a de ser unha gran amiga e mellor persoa, aquí en camarinas.eu sumámonos aos mellores desexos para Mari Carmen no día no que entra nesa treintena na que uns cantos xa levamos aloxados cáseque media ducia de anos e desexámosche ¡¡FELIZ CUMPREANOS, MARI CARMEN!!
Comentarios
QUE SEXA UN DÍA FELIZ EN COMPAÑÍA DOS TEUS E QUE CUMPLAS MOITISIMOS MAIS.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.