5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (6 Votes)

Este 8 de xaneiro de 2010 celébrase o cabodano dos falecementos de María Jesús e Martín

Hai xa prácticamente un ano tiña lugar a maior desgracia acaecida no Concello de Camariñas nos últimos tempos: na tarde do 24 de decembro, Día de Noiteboa, María Jesús Lema Martínez, funcionaria de Correos da Oficina Postal de Camariñas, e o seu fillo Martín, de dous anos, falecían nun tráxico accidente de tráfico na carretera que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo. Faise difícil pensar nunha desgracia maior que a acaecida neste fogar xaviñán no que pouco máis de un ano e medio antes tiverá lugar a voda dos pais e o bautizo do pequeno Martín nun acto celebrado na Igrexa Parroquial de Xaviña, oficiado por Don Mario e no que camarinas.eu estivera presente. Agora, chegado o cabodano dun suceso que nos helou o sangue a todos, nesa mesma igrexa parroquial e  posiblemente oficiado por ese mesmo párroco que leva vendo desfilar toda a vida da súa parroquia durante estas últimas décadas terá lugar o 1º Cabodano do falecemento de María Jesús e Martín e dende quí animamos a todos os nosos usuarios a que apoien a esta familia xaviñana acudindo ao templo o sábado 8 de xaneiro de 2011.

 

Comentarios   

rubiasexy
+1 # RE: Cabodano de María Jesús e Martínrubiasexy 23/12/2010 15:19
bueno de sirlle a esta familia que avida sigue e ahi que ter forsas sei que e duro muy duro pero eche asi bueno ali estaremos para compañar si dios quer sefa e os pedros camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Cabodano de María Jesús e MartínBeldoña 23/12/2010 16:23
Tamen eu quero deixarlle as miñas condolencias a esa familia. Nunca se olvidan aos seres queridos por moitos anos que pasen. Fai mais de 30 anos que morreu o meu pai, e lembroo como si fora onte.
ACOMPAÑOVOS NOS VOSOS SENTIMENTOS DE DOR, AMIGOS.
Antonio Puerta
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # RE: Cabodano de María Jesús e Martínzhúkov 25/12/2010 00:26
Bueno, en fin , ahora que xusto se cumpre un ano, en fin, as miñas máis sinceras condolencias á familia. Esto fui sen dúbidas o máis duro de escribir en cáseque catro anos de camarinas.eu. Deus bendiga a esta familia.
Responder | Denunciar ante o administrador