4.9090909090909 1 1 1 1 1 Rating 4.91 (11 Votes)

Este sábado 18 de decembro haberá unha impresionante Cena Cabalar no Pincho

Non sabemos si no tan probelmático e publicitado Plan Xeral de Ordenación Municipal se contempla a existencia dun futuro hipódromo pero xa agora dende aquí esiximos a construcción do que sería o gran hipódromo da Costa da Morte: o elemento natural ideal para que os cabaleiros da Peña Cabalar O Pincho mostraran toda a súa destreza ecuestre. Delo e das súas aventuras equinas polos camiños da Costa Atlántica seguro que falarán os participantes na impresionante Cena Cabalar que este sábado 18 de decembro de 2010 a partires das 22:00 horas terá lugar no local de moda da Ponte do Porto, convertido por aquelo das paixóns cabalares dos seus donos en templo emblemático do cabalo no Concello de Camariñas. Os amantes deste noble e fermoso animal teñen unha cita ineludible para compartir vivencias, experiencias e ilusións (¡ay, o hipódromo!) na mellor compañía, cena para a que incluso xa está contratada unha orquesta que amenizará un espléndido baile, un baile equino. E quen sabe, querido accionariado de camarinas.eu, se desa cena sae unha declaración, un manuscrito, un papiro que sente as bases do futuro hipódromo da Costa da Morte. Ou polo menos da reinvidicación do mesmo, que tal como están os mundos, vai ser o máis probable.

 

Engadir un comentario