Felicidades Josiño!!

Este pasado xoves 25 de novembro, ao mesmo tempo que en Camariñas tiña lugar unha manifestación para celebrar o Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xénero, mentras se extendía pola vila como a pólvora a boa nova da absolución da Familia Lin así como do Jallejo, unha familia conmemoraba o nacemento, 22 anos atrás, un 25 de novembro de 1988, dun dos seus membros. Tratábase da familia de José Rego Pasantes, mariñeiro de profesión, que tras o obrigado paso pola emigración canaria, hai uns anos que retornou á vila da súa alma para vivir entre os seus e adicarse como tantos dos seus antepasados ao honrado traballo do mar. Dado que a efeméride caía nun anodino día entre medias de semana e como, con bo criterio, a súa rmán Mery decidío usar un novo servizo que aquí en camarinas.eu poñemos a disposición de toda a lexión multitudinaria de usuarios, seguidores, fans e sinxelos lectores do meirande fenómeno cibernético na historia da Costa da Morte, e así este sábado 27 de novembro celebrarán por todo o alto unha cena para celebrar aínda que con dous días de retraso o cumpreanos de José e no curso da mesma  soprendelo ca publicación da noticia do seu cumpreanos en camarinas.eu. Felicitación á que como non podía ser menos, sumámonos aquí na redacción de camarinas.eu: ¡¡JOSE, FELICIDADES!!

{phocagallery view=category|categoryid=278|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

 

Comentarios   

Mikel
+1 # RE: Cumpreanos de Jose Rego PasantesMikel 27/11/2010 19:28
Felicidades Jose...que disfrutes deste dia e q a sorte che sonria sempre...
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
+1 # RE: Cumpreanos de Jose Rego PasantesMTCC 27/11/2010 19:57
Muiti :lol: simas felicidades jooo...un bikiño :D
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Cumpreanos de Jose Rego Pasantesmantida 29/11/2010 20:22
Muitas felisidades Josiño, que sijas cumplindo muitos mas.
Responder | Denunciar ante o administrador