- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 26 Outubro 2007 26 Outubro 2007
Camariñas conta desde hoxe cun profesor de Audición Lingüística

Imaxe da Casa Consistorial de Camariñas
Esta especialidade de Audición Lingüísitica ten como misión axudar a rapaces con problemas auditivos e de comprensión. O Colexio de Camariñas xa dispoñía dun profesor deste tipo compartido co Colexio da Ponte do Porto. Por diversos motivos, os responsables de educación, decidiron que este profesor se quedara a xornada completa na Ponte do Porto co que Camariñas quedaría sen ese docente. Foi nese momento, desde fai un mes, donde o Concello de Camariñas, sabendo de rapaces aos que facía falla a axuda deste profesor, comezou a desenvolver os trámites correspondentes para tratar de traer o que o Colexio camariñán acababa de perder. Ao final, despois de duros trámites e moitos traballos, conseguíuse.
Comentarios
Sendo a nación España, a patria que sinto miña é Galicia e o meu sentir é de galego.
O seu traballo consiste en mellorar os problemas na linguaxe dos cativos e favorecer a comunicación no caso de nenos/as xordos.
É o equivalente a un logopeda do sector privado.
Saúdiños e noraboa pola "adquisición".
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.