- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 23 Novembro 2010 23 Novembro 2010
A verdade xa levábamos un tempo aquí en camarinas.eu sin publicar un cumpreanos, unha noticia que nos seus bos tempos constituía un clásico da web líder da Costa Atlántica, habendo días nos que chegamos a publicar tres a un tempo, constituindo polo tanto unha materia na que esta redacción chegou a doctorarse cum laude. Pero nunca é tarde para recobrar os bos costumes dos vellos tempos e así este martes 23 de novembro cumpre anos na lonxana Bélxica Jenny Ageitos, unha rapaza de Camariñas, nacida naquela excepcional quinta do 1977, que hai xa uns anos vive no país centroeuropeo xunto ao seu esposo de nacionalidade portuguesa Luis e o seu filliño de catro anos Alexander. Un Luis que de seguro estará a desfrutar esta temporada 2010-2011 cos éxitos impresionantes na liga española dos seus compatriotas lusos, porque si algo caracteriza a esta familia é o contacto permanente ca súa terra nai xa que Jenny segue a diario os avatares do pobo da súa alma a través da web que leva o nome de Camariñas polo mundo adiante. Como non podía ser menos a nosa redactora audiovisual, Josefa Carril Rodríguez "Rubiasexy" elaborou con todo o seu cariño e sabiduría un impresionante vídeo que de seguro aledará a Jenny e á súa entrañable familia na lonxana Bélxica, porque ala onde esté un camariñán, sempre estará camarinas.eu, a web que convertío a este Concello no líder intratable na xungla cibernética de internet. En todo caso, ¡¡FELICIDADES JENNY!!
Comentarios
que cumplas motiisimos mas e qe sigas asi de guapa siempre un bikiñoo.
Un cordial saludo
Antonio Puertas
UN CUA CUA
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.