Úrsula e Alberto serán os novos concesionarios do Bar Restaurante do CNC

Finalmente o concurso público do Bar-Restaurante do Club Náutico de Camariñas foi resolto e resultou adxudicataria a empresa con sede en Santiago de Compostela VIPROGA Servicios, S.L.. O proceso iniciárase o 3 de novembro ca publicación en camarinas.eu do anuncio que poñía en marcha a concesión do bar restaurante da institución náutica pioneira da Costa da Morte e concluía na súa fase de presentación de ofertas o venres 12. Polas oficinas do CNC pasáronse a ofertar en firme dous licitadores: o noso querido amigo Arturo, veciño de Buría, e VIPROGA Servicios S.L. representada pola súa encargada Úrsula Rego Sternat e a súa parella Alberto Fojo Fuentes.  Para solventar a que será a primeira concesión das instalacións do CNC da Directiva que botou a andar nos xa lonxanos días de decembro do 2008 reuníose na mañá deste sábado 20 de novembro de 2010 a plana maior da xunta que rixe os destinos do Náutico e de maneira unánime decidío decantarse pola oferta presentada por VIPROGA S.L. A clave residío no proxecto presentado polos novos concesionarios no que destacaba, alomenos sobre o papel, o carácter innovador do mesmo, a ilusión e gañas desta xove parella que en principio ten pensado pasar a residir na Vila de Camariñas, a experiencia no sector da hostelería de ambos e a pequena inversión en enseres e mobiliario que teñen pensado acometer para dotar ás instalacións náuticas das ventaxas e melloras que beneficien ao conxunto de socios e visitantes do CNC.

En principio o traspaso de poderes por parte do actual concesionario está pensado para principios de xaneiro de 2010, cando bote a andar xa en serio esta nova etapa da dilatada, dificultosa, tormentosa e, en ocasións, tortuosa, existencia do bar-restaurante do CNC. O contrato fírmase por un ano con opción a prórroga por outro, se ben na mente de todos os presentes nas oficinas do CNC na mañá deste desapacible 20 de novembro de 2010 pivotaba a idea, a esperanza, dunha longa relación. Sería o mellor para revertir a dificultosa, tormentosa, en ocasións, tortuosa, existencia do Bar Restaurante da que foi a institución náutica pioneira na Costa da Morte.

Comentarios   

eroe
0 # sempre igualeroe 21/11/2010 18:54
seguro, que non hubo favoritismo?
Responder | Denunciar ante o administrador
Unha de camariiiñas!
0 # Animo a Usi e Albeeerto!!Unha de camariiiñas! 11/01/2011 20:20
Ánimo a esa parexiña que son a ostia!!
Todo vai a saír been!!
Responder | Denunciar ante o administrador
piñolo
0 # boyapiñolo 11/01/2011 21:35
teño un comentario muy interesante de camariñas en barcelona,e eu, xa fai mais de 20 anos ke bon as 7 portas,famosas en barcelona,,por o seu xampañet , e ten as conservas boya no seu muestrario,e a ajulla e estupenda,,si ves esto andres,,en ora boa,a xente non sabe ke e de camariñas asta ke a proba,,sijen estando,e eso e bo..felis ano..
Responder | Denunciar ante o administrador