Manolito condimentou os galos ca exquisitez propia dun chef francés

Un dos maiores expertos cinexéticos (caza, pesca...) do Concello de Camariñas, ademáis de integrante por dereito propio da gran familia do Café Bar Arnela, Manuel Martínez Rodríguez, Manolito, en datas recentes decidío organizar unha das panzadas ás que de cando en vez ten acostumados aos seus compañeiros de andanzas chiquiteras no bar paradigmático do Distrito de Corea. Para elo non recurrío ao resultado das súas productivas andanzas polos montes ou mares camariñáns senón que decidío visitar a explotación avícola dun recoñecido avicultor residente na Cruz de Cedeira. Alí entre, ao decir dos visitantes, deceas de galos e ducias de asustadas galiñas escollío tres robustos galos que tras pasar polas experimentadas mans deste reputado chef rendiron na báscula sete kilogramos de peso. Rodeados dunha exquisita guarnición condimentada con champiñóns e pimentos, unhas poucas pero boas botellas de viño e uns sabrosos bizcoitos elaborados por Marimonte, fixeron as delicias do pequeno grupo de comensais que se reuniron cara a noite do pasado sábado, unha vez que a marabunta cada vez máis crecente de clientes abandonara o local, para darse unha auténtica homenaxe, unha desas enchentas definitivas ás que tan mal estamos acostumados no Arnela. Para o final, Manolito reservou unha das súas delikatessen predilectas: uns cafés irlandeses producto dunha receta especial provinte dos rincóns más recónditos da parroquia de Xaviña. E así, entre galos, cafes irlandeses, cazadores e expertos maestros del Bon Vivir, pasou a noite...

{phocagallery view=category|categoryid=258|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

samsam
+1 # RE: Festa do Galo no Arnelasamsam 12/11/2010 12:16
..COMO BOS POÑEDES........ DIOSSSSSSSSSS.. ..
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # o galoMachote 12/11/2010 16:12
non pensades mas que en comer,po lomenos estaria bo non
Responder | Denunciar ante o administrador