4.5757575757576 1 1 1 1 1 Rating 4.58 (33 Votes)
Faise difícil pensar que houbese ocurrido este sábado 21 de agosto na cea do Socio do Club Náutico de Camariñas se na Vila das Palilleiras, á esa mesma hora na que 149 persoas se reunían no Salón de Actos da que foi unha institución pioneira da Costa da Morte, non tivese lugar un acontecemento tan sinalado e masivo como o enlace matrimonial ente Rocío Pasantes e Paula Mouzo ou se os Panchos do Jolfendro non se embarcaran nunha visita ata a veciña Muxía con motivo do seu exitoso tour veraniego.

Posiblemente asistimos á cea máis masiva dos dezanove anos de existencia do CNC, o que por un lado confirma o ambiente de paz social que dende hai dous anos ven presidindo as actuacións do CNC e que por outro obriga a idear alternativas imaxinativas para habilitar novos espacios cos que dar cabida a probables avalanchas futuras de socios. Unha cea que comenzaba pasadas as 22:00 horas cun menú composto por entrantes, merluza, carne asada e postres, e na que como prolegómeno ao sorteo dos regalos cedidos por diversas tendas da vila, o Presidente Alberto de Artaza tivo ocasión de expresar diversos agradecementos, transmitir un saúdo do anterior presidente Xosé Luis Blanco Campaña ou recalcar o histórico da cifra de comensais acadada. Posteriormente, tiveron lugar os bailes aos sons a Orquesta Los Helvéticos que se prolongaron ata altas horas da madrugada. Uns bailes que nunca se viron tan multitudinarios en toda a historia do noso Club Náutico.

Engadir un comentario