3.6351351351351 1 1 1 1 1 Rating 3.64 (74 Votes)
Estes venres 13 de agosto o Café Bar Arnela aisitío a unha impresionante actuación dos Panchos do Jolfendro
Estes venres 13 de agosto o Café Bar Arnela aisitío a unha impresionante actuación dos Panchos do Jolfendro

Noites de Camariñas

"Manolo, están son as nuites de Camariñas" decíalle un camariñán, alonxado e morriñento, a outro alá no Arsenal de Ferrol a finais da década dos setenta, época de Servicio Militar obligatorio. Referíase a esas noites tranquilas e especiais que solen darse de cando en vez no verán de Camariñas e que tanto invitan a contemplar prácidamente o pasar do tempo en calqueira das terrazas da vila. Ou tamén a noites de troula desenfrenada, de ledicia e festa, na que despois dun ágape suculento as voces e os instrumentos toman vida propia para recrear as artes como tan só un camariñán sabe facelo. Teríamos este derradeiro venres 13 de agosto unha conxunción perfecta dunha desas noites antes mencionada se non fose polo omnipresente vento do nordeste que está a caracterizar un verán polo demáis  soleado e caluroso ca espléndida actuación dos Panchos do Jolfendro que tivo como marco privilexiado o Café Bar Arnela. Un conxunto de cancións galegas ben ensaiadas e mellor interpretadas foron a banda sonora perfecta que saudou a entrada na maioría de edade de Francisco Barcia Trashorras. Ao final e a solicitude do público asistente incluso se atreveron cunhas habaneras que causaron xeral admiración. En definitiva unha festa típica do bar paradigmático do Distrito de Corea que se extendío ata ben entrada a madrugada. A madugrada dunha Nuite de Camariñas.

Engadir un comentario