3.7121212121212 1 1 1 1 1 Rating 3.71 (66 Votes)

 

O verán do 2010 está a ser unha época pródiga en todo tipo de celebracións e actos no CNC
O verán do 2010 está a ser unha época pródiga en todo tipo de celebracións e actos no CNC

 

Podíamos ler estos días en www.cncamarinas.com, a web do Club Náutico de Camariñas, a esperanza que ten posta a súa Directiva en que a longo deste exercicio 2010 a que foi a institución náutica pioneira da Costa da Morte bata tódolos récords e acade a cifra máxica, impensable noutros tempos, de ata 1.000 embarcacións de tránsito recalando nas súas instalacións. Por todo elo o CNC como pequeno detalle e mostra de agradecemento decidío honrar aos navegantes que cada vez en maiores cantidades atracan nos seus pantaláns cunha gran sardiñada celebrada este sábado 7 de agosto de 2010 partires das 21:00 horas. Acompañadas dos insustituibles cachelos e do refrescante viño do país tódolos viaxeiros mariños presentes no CNC foron invitados, na grata compañía dos socios, a degustar nun ambiente de cordialidade e camaradería este manxar humilde e típicamente camariñán. Camarinas.eu achegouse polas instalacións do CNC e captou unha pequena galería fotográfica.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.