3.7469879518072 1 1 1 1 1 Rating 3.75 (83 Votes)
Este venres 30 de xullo o Pub O Pincho fixo historia cunha espectacular churrascada-sardiñada
En principio parecía un acontemento máis, insulso, repetitivo, desos que a centos de miles se levaban a cabo nos distintos locais de Galicia á esa mesma hora, pero mentres en data tan histórica como o derradeiro 30 de xullo de 2010 a eso das 20:30 horas en Camariñas na Casa Consistorial ardía Troya na Ponte do Porto estaban que o pasaban pipa... Executando outro dos seus típicos experimentos de enxeñería social que a diferencia dos que de cando en vez perpetra o Goberno, estos si se caracterizan polo seu éxito rotundo, o Pub Pincho facía historia, aunaba vontades, reconciliaba ás dúas Españas e levaba a cabo simultáneamente unha histórica Churrascada-Sardiñada. Sumar en vez de dividir. Un exemplo de auténtica democracia popular do que se sentirían orgullosos os antigos atenienses e que empañaría de bágoas os allados ollos do mesmísimo Sócrates. Algún día haberá que falar da intrahistoria dun acontecemento chamado a quedar grabado en letras de ouro nos anales patrios e ao que se chegou tras longas e participativas deliberacións duns clientes do establecemento de moda na Ponte do Porto que convertiron a barra do local nunha auténtica asamblea lexislativa. Nestes tempos convulsos, de división e enfrontamento, foi nun local dunha pequena vila, antigo centro comercial e cruce de camiños, onde comenzou a rebelión ciudadana que lle debería enseñar aos grandes xerifaltes do noso país o camiño a seguir. E todo elo cunha idea tan simple como orixinal: unha Churrascada-Sardiñada.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.