3.796875 1 1 1 1 1 Rating 3.80 (64 Votes)

Doble ración de churrasco e sardiñas para os paladares máis esixentes este venres 30 de xullo no Pub O Pincho
Doble ración de churrasco e sardiñas para os paladares máis esixentes este venres 30 de xullo no Pub O Pincho

Todos quedarán contentos

Nunha data tan emblemática e decisiva para a historia recente de España como a do 30 de xullo, os nosos queridos amigos do Pub O Pincho deciden aunar esforzos, reconciliar posturas irreconciliables, soterrar definitivamente o célebre cuadro de Francisco de Goya e acabar dunha vez por todas co enfrentamento entre as dúas Españas ao celebrar de forma conxunta unha churrascada e unha sardiñada ao mesmo tempo, poñendo fin desta maneira á metafísica e eterna duda, asesina cruel de tantas amistades, familias, matrimonios e reputacións de si levar ás brasas churrasco ou sardiñas. Despois dun asado no que non se desbota a posibilidade da presencia sabia e experimentada dalgún emigrante arxentino de vacacións pola Ponte do Porto e no que se entende se gardará a correlativa separación entre materias primas para que o arrecendo delicado e suave das sardiñas non invada terreos alleos, os asiduos do local de moda na Ponte poderán degustar unha doble ración de manxares. E todo elo sen vellas rencillas, inxustas segregacións, lamentables olvidos co seu corolario de inevitables queixas, lamentos e rencores entre partidarios de ambas posturas. Ponte do Porto, Pub O Pincho, 30 de xullo: o día no que todos quedarán contentos.


Comentarios   

yeni
+1 # RIQUISIMOOyeni 31/07/2010 23:59
ESTABA TODO MOI RICO QUE FESTAZA
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.