3.8513513513514 1 1 1 1 1 Rating 3.85 (74 Votes)

Un agasallo da Armada e unha ateigada cea para estreitar lazos caracterizaron este fin de semana no CNC
Un agasallo da Armada e unha ateigada cea para estreitar lazos caracterizaron este fin de semana no CNC

Fin de semana intenso no Club Náutico

Días especialmente intensos os que se viviron este derradeiro fin de semana no Club Náutico de Camariñas. En primer lugar ca visita  de cortesía que o venres 9 de xullo realizaron as goletas da Escola Naval da Armada Española "La Graciosa" e "Sisargas". De moi bonito e elegante hai que calificar o detalle dos respectivos comandantes de cada unha delas, o Tenente de Navío D. Pedro Izquierdo e o Alférez de Navío, D. Pablo Cartujo, de entregar unha placa conmemorativa ao CNC máis antigo da Costa da Morte, noticia da que se fai eco nas súa portada a web técnicamente máis avanzada a día de hoxe neste recuncho atlántico: www.cncamarinas.com. Un día despois, o sábado 10 de xullo, cunha puntualidade exquisitamente británica, cara ás 21:30 horas dou comenzo unha populosa e ateigada churrascada de verán que servío entre outros motivos para dar a benvida a todos aqueles socios que lamentablemente só nas datas estivais poden frecuentar o seu querido club náutico. O churrasco asado sabiamente por Moncho e señora corrío con fruición entre os asociados e así Mari Luz, Lola e Amparo non deron abasto a servir a unha concurrencia especialmente afameada nas primeiras horas da noite. En definitiva, días movidos no CNC que son o prolegómeno do intenso verán 2010 que está por vir nunha das institucións senlleiras do ámbito náutico galego.

Engadir un comentario