3.953488372093 1 1 1 1 1 Rating 3.95 (86 Votes)

A máis impresionante escolta de Damas de Honor

José Manuel e Blanca posan cos padriños de Noa no atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo
José Manuel e Blanca posan cos padriños de Noa no atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo

Posiblemente o bautizo de Noa Blanco García, acaecido na moi antiga e leal vila de Camariñas un sábado 26 de xuño de 2010, pasará aos anales da historia desta poboación costeira entre outras razóns por ser aquel no que a máis impresionante comitiva de Damas de Honor, formada por toda unha lexión de belezas sin paragón posible, acompañou a esta fermosa rapaciña, primeira filla da parella formada polo porteño José Manuel Blanco e a moi camariñana Blanca Flor García, ata unha pila bautismal na que o sabio Don Jesús esperaba para cristianar unha nova alma de Deus. Estamos falando queridos usuarios dun séquito femenino formado entre outras polas nosas amigas e usuarias Lucía, Pili, Vanessa, Moniquiña, Nair ou Cinthya entre outras, un séquito de fermosuras sin igual que levará a que dentro duns anos, cando Noa sexa xa maior e consulte o fermoso álbum de fotos do seu bautizo ou se sumerxa no arquivo insondable de camarinas.eu, constate que no seu bautizo estivo rodeada da máis impresionante escolta de Damas de Honor que se recorde. Seguramente tamén consultará Noa aquela noticia que recollía o seu nacemento, acaecido un xoves 22 de outubro de 2009 e que tamén publicou camarinas.eu, a web encargada de recoller en imaxes o día a día, as vidas, das xentes de Camariñas.

 Noticias Relacionadas

Comentarios   

lucia018
+5 # RE: Bautizo de Noa Blanco Garcialucia018 30/06/2010 20:39
Preciosas as fotos todas, e pasouse moi ben o dia do bautizo de Noa!!
Un saludo a todas as das fotos....Q son as mellores amigas do pueblo..jeje! :-)
Denunciar ante o administrador
MC_CITY
+4 # RE: Bautizo de Noa Blanco GarciaMC_CITY 30/06/2010 20:46
Guapisimas,esta mos todas,Ahora a esperar polo seguinte bautizo,jeje animadevos nenas!! ;-) ;-)
Denunciar ante o administrador
maika
+4 # RE: Bautizo de Noa Blanco Garciamaika 01/07/2010 11:16
moitas felicidades por esa nena tan preciosa ke tes blanca,ti tamen estas wapisimas...vai a fotos mais bonitas
Denunciar ante o administrador
yudii
+2 # Felicidades Blanca!yudii 24/07/2010 23:12
muxas felicidades por la niña tan bonita que tienes :) muchos besos blancaaa!


tengo ganas de volver a verte!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.