3.7692307692308 1 1 1 1 1 Rating 3.77 (52 Votes)
Toda unha lexión de namorados dos cabalos congregouse na Ponte do Porto este domingo 13 de xuño de 2010
Toda unha lexión de namorados dos cabalos congregouse na Ponte do Porto este domingo 13 de xuño de 2010

Festa do cabalo na Ponte do Porto

Aparte de servir un dos mellores pulpos e raxos da Costa da Morte, os nosos amigos do Pub O Pincho atrévense a realizar operacións xornalísticas extramuros do local de moda da Ponte do Porto e así este domingo 13 de xuño visitaron o descampado que está situado a carón do Pabellón Polideportivo porteño, xusto detrás do colexio, no que se celebraba con notable éxito de asistencia unha xuntanza cabalar que foi quen de reunir ata a 400 cabaleiros acompañados das súas esbeltas e elegantes cabalgaduras. Desta forma mantense vivo no Concello de Camariñas o legado daquelas concurridas xuntanzas cabalares que se celebraban cada mes de xullo nos paraxes privilexiados de Reira e que desapareceron do mapa sen que se saiba moi ben por que. De feito, nesta nova xuntanza que se celebrou na Ponte do Porto dende a 1 da tarde ata as 10 da noite servíronse arredor dunhas 300 racións de churrasco e o ir e vir de xentes namoradas dos cabalos foi constante e todo un carrusel de tendas de arreos e monturas, de remolques equinos, de camións de ganado, de sombreiros vaqueiros, de robustos e anfibios 4x4, de botas camperas, invadiron a Ponte do Porto e renovaron a homenaxe permanente do Concello de Camariñas ao animal de simbiose máis perfecta co ser humano.

 Noticias Relacionadas

Comentarios   

JABA
+1 # Cabalos!JABA 20/06/2010 13:55
Da justo ver os nenos enriba dos ponys,ke rikiños,Martiña ,ke bonita ela, toda presumida!.E boa pena ke en Camariñas se deixase de facer a xuntanza dos cabaleiros,na ultima ke se fixo paseino bomba,e kolaborei no ke puden,eso ke non teño Cabalo!pero a xente deste pueblo,todo ke sea traballar de balde....malo.. .!asi nos vai.
Responder | Denunciar ante o administrador