- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 17 Xuño 2010 17 Xuño 2010

Doña Ramona celebra en perfectas condicións físicas e mentais cen anos rodeada do cariño dos seus
Dedicatoria enviada por Fátima (Neiriña)
A persoa á que quero homenaxear chámase Ramona Castro Castro e nacío o 15 de xuño de 1910. Sempre foi solteira porque o seu pai faleceu moi novo e tívolle que axudar a súa nai nas duras labouras da casa a partir daquel momento, xa que eram 8 irmáns entre eles a miña bisabuela. Este martes fixemos unha reunión de 5 xeraciósn da miña familia: ela, a miña abuela que é sua sobriña, miña nai, eu e a miña nena Carla que é coa que aparece na foto. Ela sempre traballou na casa, cas vacas,indo co peixe etc, está perfecta non toma ningunha medicacion nin nada parecido,todo o contrario si non fora pola súa sobriña ela seguiría palillando, epouco máis, só unha anecdota da súa vida, tuvo un mozo e fíxolle un truco de maxia e deixouno porque naquela época pensaba que era meigo, jejejeje. Ramona, no eu nome e no de toda a miña familia felicítoche polos teus cen anos ¡¡FELICIDADES!!
Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.