3.8444444444444 1 1 1 1 1 Rating 3.84 (45 Votes)

 

Marcos Vázquez Campaña e Diego Alonso Freire, presentes na asamblea xeral 2010 do Club Náutico
Marcos Vázquez Campaña e Diego Alonso Freire, presentes na asamblea xeral 2010 do Club Náutico

 

Unha asamblea encomiable

Cara ás 18:35 deste sábado 12 de xuño de 2010, en segunda convocatoria e ca presencia dunha veintena de asistentes, tivo lugar no seu Salón de Actos a asamblea xeral de socios do Club Náutico de Camariñas probablemente máis tranquila e apacible da súa historia. Unha asamblea que se presentaba sen grandes polémicas e que ante a falta de incidencias de importancia que reseñar caracterizouse pola presencia por partida doble de camarinas.eu na mesma: a do noso noso redactor Marcos Vázquez Campaña como membro da Directiva no posto de Comodoro, e a de Diego Alonso Freire  ca presentación oficial da nova páxina web do CNC. Porque se algo houbo especialmente encomiable na asamblea deste sábado foi a presentación dunha web que mellora dunha forma sustancialmente á existente previamente, plena de contidos e servizos que ofrecer aos socios do CNC e que probablemente ven a ser a máis completa dun club náutico en Galicia a día de hoxe. Coñece tódolos pormenores dun día histórico no máis antigo dos Clubs Náuticos da Costa da Morte e ao que a web líder da mesma, camarinas.eu, único medio de comunicación presente no acto, non podía faltar.


A asamblea xeral do CNC 2010 arrancaba pasadas as 18:30 horas deste sábado 12 de xuño ca asistencia de 19 socios cun emocionado recordo a José Varela Pérez, Tesoureiro do CNC tristemente falecido o 8 de setembro de 2009, tras o cal o Secretario da entidade Manuel Angel García Insua dou comezo á lectura da acta da derradeira asamblea celebrada o 29 de agosto de 2009, acta ratificada pola unanimidade dos socios presentes. Tras elo tivo lugar a presentación oficial como novo Tesoureiro de Francisco Carril Castiñeira, popularmente coñecido en Camariñas como O Grifo, sen dúbidas un gran acerto o nomeamento deste empresario de recoñecida competencia cuias boas formas, sensatas e tranquilas, contribuirán a dotar dun maior equilibrio á Xunta Directiva existente.

Acto seguido comenzouse a pasar revista ás contas anuais do exercicio 2009, as primeiras elaboradas e rendidas dende o 1 de xaneiro a 31 de decembro de 2009, coincidindo co ano natural  e non como viña sucedendo ata o de agora de agosto a agosto, e que arroxaron un beneficio neto de 10.821,31 euros o que situaba o saldo a favor existente a 31/12/2009 en 77.806,57 euros. O orzamento para o 2010 nembargantes non preveé uns beneficios similares senón que se sitúa nos 125.125,00 euros de gasto e nos 126.300,00 de ingresos, é decir, en situación cáseque de equilibrio debido a obriga de abonar ao longo deste exercicio a Portos de Galicia a cantidade de 7.500,00 € en concepto de canon X5 polas embarcacións de tránsito, e que ven a supoñer o 40% dos 17.500,00 totais que ata o 2011 verase obrigado a pagar o CNC, punto este no que tras as correspondentes conversacións e negociacións mantidas Portos de Galicia foi inflexible.

Nesta prácida e traquila asamblea aprobaron asemesmo por unanimidade os asistentes o novo rexistro oficial de socios cunha renumeración actualizada dos mesmos e que esperemos veña acompañada da sustitución dos destartalados carnets de socio actualmente existentes por outros máis modernos e funcionais. Non estaría mal neste punto seguir a grata experiencia de mellora sustancial experimentada ca nova páxina web. Unha vez pasada revista a un pasado de dous anos de andaina de Xunta Directiva destinados maiormente a levar a cabo labores administrativas e reorganizativas e votados por unanimidade os puntos que afectaban ao presente, pasouse a levantar a mirada cara o futuro e neste punto a xunta directiva presentou como proxectos do exercicio 2011 (no que a institución  cumprirá o seu vixésimo aniversario) o de conseguir a bandeira azul para o CNC, o de traer para a Ría de Camariñas diversas probas de motonáutica e vela, celebrar unha gran cea de gala con tódolos membros das directivas existentes ata o de agora e sobre todo empezar a prepararse para o futuro traslado do CNC cara á lonxa vella e, sobre todo, para o concurso que saque a licitación a xestión do futuro porto deportivo camariñán. Asemesmo a Xunta Directiva tomará en consideración a posibilidade de cobrar unha cuota en concepto de marina seca a todas aquelas embarcacións que abandonen os pantaláns e se sitúen en terra.

Unha vez acometido o anterior, tivo lugar o punto estrela da tarde: a presentación oficial por parte de Diego Alonso Freire da impresionante nova web do CNC. O director de www.camarinas.eu, a web líder en termos absolutos da historia da Costa da Morte, foi a persoa encargada nunha decisión sumamente acertada da Xunta Directiva (á vista dos comentarios escuitados entre os socios presentes) de acometer a renovación e confección dunha web á altura do máis antigo dos Clubs Náuticos desta Franxa Atlántica, e explicou as innumerables ventaxas e servizos que presenta unha web que posiblemente coloca ao CNC a día de hoxe á vangarda dos clubs náuticos de España en canto a servizos cibernéticos se refire. Unha web aínda en construcción pero, tal e  como comentou o Presidente do CNC Alberto de Artaza, da que "xa están construidos os cimentos e a estructura do edificio" e que por exemplo, en tempo record acadou a cifra de 200 simpatizantes en facebook. Difícilmente, se poderá atopar nesta España dos nosos días unha web dun club náutico que mellore a de Camariñas. Incluso, cando xa cáseque era finalizado o acto o redactor perruno de camarinas.eu, Bénder, non se quixo perder o histórico acontecemento e asomou o rostro canino máis famoso e coñecido desta franxa atlántica por unha das fiestras do CNC para dar a súa aprobación á nova web cun par de ladridos de asentimento.

Polo que, tras pouco menos de dúas horas de acto e ante o éxito da presentación oficial da web, disolvíase a comitiva presente no Salón de Actos do CNC e da que formaban parte dous redactores de camarinas.eu, felicitando efusivamente moitos dos socios presentes a Diego Alonso Freire pola confección da web que representará ao noso CNC no ciberespacio. Os que optaron por permanecer no cafetería do CNC, contemplaban entre charla e charla as evolucións do Estados Unidos-Inglaterra e non podían evitar mostrar o seu recoñecemento ante as intervencións do gardamallas norteamericano Howard.  En definitiva, unha asamblea prácida e tranquila e que pasará á historia como aquela na que o CNC dou o salto de calidade definitivo a internet. Aquela na que entrou de forma definitiva no século XXI.

Comentarios   

Beldoña
+2 # NORABOABeldoña 13/06/2010 18:44
FELICITAR A TODA A DIRECTIVA, ASI COMO A DIEGO E A MARCOS POLA SUA LABOR REALIZADA.
NORABOA A TODOS POLO CLUB NAUTICO QUE TEMOS.
VIVA CAMARIÑAS.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador